E.A.S.D. Mestre Mateo

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela, é un centro público dependente da Xunta de Galicia fundado en 1888.

A achega deste centro de ensinanzas artísticas foi esencial na formación de artesáns e creadores, na conservación e promoción do noso legado histórico-artístico, así como na xeración dun espazo aberto á formación humanística.

Esta Escola contribuíu á profesionalización das actividades artísticas en Galicia, abrindo a toda a sociedade a posibilidade da aprendizaxe de oficios e técnicas de gran importancia económica e cultural.

Na última década se conferiu rango de estudios universitarios ás nosas ensinanzas, o que supuxo a renovación dun centro que busca ofrecer unha resposta docente de calidade a un novo perfil de alumnado, dotándoo dunha formación multidisciplinar que responda ás esixencias productivas e sociais.

O obxectivo é trasladar a cultura do deseño ao conxunto da sociedade, dende as bases dun ensino público e de calidade, formando profesionais capaces de liderar este proceso.

A plena adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior convértese no reto inmediato para esta institución centenaria.

DATOS DE CONTACTO

escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
+34 981 587 757
+34 981 572 293
Rúa Virxe da Cerca, 32 - Santiago de Compostela, A Coruña

Mapa