E.A.S.D. Pablo Picasso

A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso honra co seu nome ao noso alumno máis universal, o rapaz que foi Pablo Ruiz Picasso, que iniciou a súa formación artística na Coruña, na escola de Belas Artes da que a actual EASD é herdeira.

A sede actual da Escola, na rúa Pelamios, foi deseñada polo arquitecto José Antonio Corrales, Premio Nacional de Arquitectura (1948, 2001), e comezou a construírse en 1983. Até entón, a sede da mesma era o Instituto da Garda (situada na praza de Pontevedra) onde compartía o espazo cos estudantes da devandita institución.

A Escola atópase situada fronte á Enseada dos Pelamios, tras o Paseo Marítimo e entre as rúas dos Pelamios e a rúa Sacerdote Manuel Espiña; podendo acceder a ela desde a Rúa de Orillamar.

DATOS DE CONTACTO

escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
+34 981 225 396
+34 981 228 078
Os Pelamios 2 - A Coruña

Mapa